Axuda do LibreOffice 25.8
Contén información descritiva sobre o documento.
O LibreOffice acepta o Conxunto de Elementos de Metadatos de Dublin Core, un conxunto estandarizado de elementos padrón empregados para describir documentos físicos e electrónicos.
Título,Asunto e Palabras chave expórtanse nos ficheiros PDF como propiedades do documento PDF. Os valores introducidos e exportados aparecen nos campos correspondentes da descrición das propiedades do doducmento PDF.
Introduza un título para o documento.
Definición DCMI: Un nome dado ao recurso.
Introduza un asunto para o documento. Pode empregar un asunto para agrupar documentos que teñan contidos semellantes.
Definición DCMI: O tema do recurso.
Introduza as palabras que desexe empregar para indexar o contido do documento. As palabras clave deben estar separadas por comas. Unha palabra clave pode conter caracteres de espazo ou puntos e comas.
Introduza os nomes das persoas, organizacións ou outras entidades que teñan contribuído ao documento. Por exemplo, os nomes das persoas que o creasen ou os membros dos equipos que achegasen datos.
Definición DCMI: Unha entidade responsábel de contribuír ao recurso.
Introduza a hora, lugar ou xurisdición para as que o documento é relevante. Por exemplo, un intervalo de datos, un lugar ou unha institución á que se aplica o documento.
Definición DCMI: O tema espacial ou temporal do recurso, a aplicabilidade espacial do recurso ou a xurisdición na que o recurso é relevante.
Introduza un identificador único e inequívoco para o documento. Por exemplo, un número de documento ou ISBN.
Definición DCMI: Unha referencia inequívoca ao documento dentro dun contexto específico.
Introduza o nome da entidade que está a publicar o documento. Por exemplo, unha empresa, universidade ou organismo público.
Definición DCMI: Unha entidade responsábel da publicación do recurso.
Introduza información sobre os recursos relacionados co documento. Por exemplo, unha serie de volumes das que o documento fai parte ou o número de edición do documento.
Definición DCMI: Un recurso relacionado.
Introduza información sobre os dereitos de propiedade intelectual asociados co documento. Por exemplo, unha declaración de dereitos autoriais ou información sobre quen ten permiso para acceder ao documento.
Definición DCMI: Información sobre os dereitos existentes dentro e sobre o recurso.
Introduza información sobre outros recursos dos cais deriva o documento. Por exemplo, o nome ou identificador dunha copia impresa que foi escaneada ou un URL desde o que se descargou o documento.
Definición DCMI: Un recurso relacionado do que deriva o recurso descrito.
Introduza información sobre a categoría ou formato do documento. Por exemplo, se o documento é un documento de texto, unha imaxe ou unha presentación multimedia.
Definición DCMI: A natureza ou xénero do recurso.
Introduza comentarios para axudar a identificar o documento.